Logotipo Programa Mentoring Galicia

Este curso ten como obxectivo que o alumnado identifique os criterios para ordenar e elaborar os distintos apartados do CV dacordo cos requisitos do mercado laboral e as propias competencias.

Está distribuído en tres partes nesta plataforma Moodle:

1. Uha parte en directo a modo de resumo na que se tratarán os seguintes contidos:

        • Estrutura xeral do CV.
        • Resumo dos traballos previos á realización do CV.
        • Exemplo de análise de oferta de emprego (as palabras clave).
        • Realización dun CV en Word dende cero.
        • Apartados do CV:
            • Información persoal
            • Formación académica
            • Experiencia profesional
            • Habilidades ou aptitudes
            • Idiomas
            • Informática ou ferramentas dixitais
            • Datos adicionais
        • Tipos de CV segundo o contido e a forma.
        • Visualización e comentario xeral dalgúns CV (CV cego, Europass, CV infográfico,…)

2. Unha parte en diferido na que se desenvolven en seis módulos os contidos anteriores máis polo miúdo a través de presentacións locutadas, así como as correspondentes presentacións en PDF.

3. Información adicional de carácter voluntario para as persoas participantes sobre: plantillas, carta de presentación; modelos de CV (vídeoCV, creativos, infográficos, tradicionais, Europass, cego, etc.); a técnica do “Discurso de Ascensor” (Elevator Pitch) como recurso para a descrición do perfil profesional tanto de forma verbal coma escrita, etc.

Participa no Foro e trasládanos as túas dúbidas e comentarios!

Programa formativo confinanciado por:

Logotipo descrición cursos Mentoring Galicia

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Logotipo Programa Mentoring Galicia

A importancia da Busca Activa de Emprego radica en levar a cabo unha serie de pasos, adestrar unha serie de actitudes, interiorizar conceptos e recursos para saber manexarse e poder lograr unha óptima inserción ou reinserción laboral.

Para que ese proceso se desenvolva de xeito óptimo, é importantísimo coñecer a evolución dos mercados laborais, aprender a elaborar un plan de acción para a difusión do perfil profesional e, sobre todo, investigar o propio perfil profesional.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipo descrición cursos Mentoring Galicia

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Logotipo Programa Mentoring Galicia

As posibilidades da tecnoloxía son postas en práctica en múltiples accións do noso día a día e aceptadas por persoas e empresas como medio de comunicación e interacción de xeito natural e eficiente. Neste eido, as corporacións mais adiantadas desenvolven estratexias de Nethunting o recrutamento 2.0 a través das que constitúen comunidade e captan talento na Rede, que é preciso coñecer e nas que é necesario saber interactuar.

As persoas candidatas teñen unha excelente oportunidade de dialogar de forma natural e nun entorno neutral, e poñer en valor a súa creatividade, autoridade e competencia na súa área profesional. É nesa contorna onde pequenos detalles nos nosos perfís e presenza na Rede poden marcar a diferencia entre xerar interese ou non, por iso é relevante o coidado da nosa identidade dixital e da nosa reputación online.

Por outra banda a nosa participación no marco dixital, marca a forma na que nos relacionamos cos demais e a pegada que deixamos no marco da nosa interacción. Comprender a súa importancia e utilidade é fundamental para a nosa estratexia de busca de emprego.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipo descrición cursos Mentoring Galicia

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Aínda que puidera parecer que o liderado e a comunicación son dúas materias diferentes entre si, a realidade é que á hora de relacionarnos con persoas, a conexión entre ámbalas é directa e nítida.

Xa sexa no momento de dinamizar a un grupo de persoas (que é o caso que nos ocupa) ou de cara a promover acción noutras personas (empregadas, clientes, amigas, familiares…), esa comunicación coas indicacións precisas do que queremos acadar, cobra máis sentido sei quen a promove é unha persona que ven revestida dunha certa autoridade, dun certo liderazgo.

Neste curso imos sentar as bases da comunicación eficaz, pero non podemos obviar a parte previa consistente en dotar á persoa comunicadora dun halo de prestixio ou recoñemento que logre impacto en base á súa reputación e non á imposición formal das directrices derivada dun cargo superior aos demais.

O curso centrará o enfoque na relación profesor-alumnado, poñendo exemplos moi cercanos a quen recibe esta formación en todos os casos que sexa posible.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipo descrición cursos Mentoring Galicia

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Logotipo Programa Mentoring Galicia

As soft skills ou competencias brandas permiten mellorar, crecer e destacar, tanto a nivel persoal como profesional.

Ademais da información técnica e profesional que apareza reflectida nos currículos, estas competencias xogan un papel verdadeiramente importante nos procesos de recrutamento e poden chegar a condicionar a decisión das recrutadoras; por iso é moi importante adestralas e traballar nelas cada día, aínda que sexa un 1% de mellora.

As Soft Skills fan referencia a aquelas competencias que dan capacidade á persoa de motivar e traballar en equipo e, tamén, nun sentido máis amplo, a aqueles trazos do carácter que fan a unha persoa. Normalmente, as Soft Skills poden dividirse en dúas grandes categorías: as habilidades interpersoais e as competencias sociais.

En moitas ocasións, as Soft Skills acaban xogando un papel realmente importante na selección de persoal. As entrevistas adoitan ser determinantes, especialmente naqueles casos nos que hai varias persoas candidatas con habilidades e experiencia similares.

Hoxe en día as organizacións déronse conta da importancia de ter persoas cun alto desenvolvemento dos seus Soft Skills nos seus equipos, persoas capaces de achegar valor con iniciativa, actitude positiva, capacidade para traballar en equipo, liderar e resolver conflitos.